Solucións para reducir o deslumbramento na condución nocturna 7 de mar. de 2025

Visto 22 veces

Solucións para reducir o deslumbramento na condución nocturna

Este estudo ten como obxectivo analizar o impacto do cegamento
causado polas luces curtas de vehículos en sentido contrario e propoñer
solucións efectivas para mitigar este problema, mellorando así a seguridade viaria.

Realizouse un estudo baseado en enquisas dirixidas a condutores profesionais,
con especial atención a taxistas e camioneiros, quen está máis
expostos a este fenómeno debido á cantidade de horas que pasan na estrada.
A recolección de datos levou a cabo entre o 01 de febreiro de 2025 e
o 04 de marzo de 2025. Analizáronse as respostas para avaliar a percepción
do problema e o seu impacto na condución.
A solución máis inmediata consiste en fomentar a concienciación sobre a
correcta aliñación e regulación dos faros, evitando cegamentos innecesarios.
Con todo, requírense medidas estruturais para un impacto
maior. Proponse a modificación de normativas para esixir a instalación
de barreiras antideslumbramiento en autoestradas e autovías. Ademais, a implementación
de láminas con tecnoloxía de cancelación de luz nos parabrisas
podería contribuír significativamente a reducir o efecto dos reflexos. Por último,
a implementación da tecnoloxía dos faros adaptativos.
Reducir o risco de cegamento na estrada minimiza a probabilidade
de accidentes e mellora a seguridade viaria para todos os condutores. A
combinación de concienciación e medidas estruturais pode proporcionar
unha solución efectiva e sostible ao problema.

Duarte Comesaña Comesaña
Diego Lago Couñago
Alejandra Méndez Calvo
Enrique Fernández Luque
Álvaro Fernández Martínez
Juan Riveira Basanta