Sistema de seguridade no sector do percebe 7 de mar. de 2025

Visto 9 veces

Sistema de seguridade no sector do percebe

Os percebeiros traballan en contornas extremas, expostos a fortes ondadas,
mareas impredicibles, orografías complicadas e condicións meteorolóxicas
cambiantes, o que aumenta significativamente o risco de accidentes,
transformando este labor nunha actividade extremadamente esixente a nivel
físico. A pesar da súa experiencia, moitas veces os traballadores carecen
de ferramentas tecnolóxicas que lles permitan anticiparse a situacións de perigo.
Para iso desenvolvemos un sistema de seguridade, co obxectivo de reducir
a sinistralidade laboral para os percebeiros, baseándose en tecnoloxía
vestible e comunicación inalámbrica.
O sistema consta dun traxe de protección que incorpora diferentes sensores
e actuadores, entre os cales podemos destacar unha pulseira intelixente
que conta con diversas prestacións, destacando a xeolocalización do usuario
e a comunicación con boias estratexicamente situadas nas zonas de traballo.
Estas boias recompilan datos sobre o estado do mar, mareas, vento
e cambios meteorolóxicos, enviando alertas visuais e táctiles ao traballador.
O traxe intelixente e o seu sistema de vixilancia representan unha solución
innovadora para a seguridade dos percebeiros. A súa implementación permite
reducir accidentes e mellorar as condicións laborais no sector. Posteriormente
deberase continuar con optimizacións técnicas e probas en condicións
reais para a súa futura aplicación.

Yago Araújo Andrade
Iván Carrera Iglesias
Kevin Mariño Iglesias
Diego Pampín Míguez
Pablo Rodríguez Fernández
Pablo Rodríguez Piñeiro