Produción de acedo láctico por vía fermentativa a partir de lactosuero como medio de cultivo 21 de abr. de 2022
Produción de acedo láctico por vía fermentativa a partir de lactosuero como medio de cultivo
Neste proxecto conxúgase sustentabilidade, valorizando un residuo altamente contaminante como o lactosuero para producir un produto de alto valor comercial como o ácido láctico e un proceso de fabricación que minimiza o impacto ambiental, a vía fermentativa.
O proceso produtivo consta de dúas fases:
Biolóxica: Esta fase do proceso comeza co acondicionamento do lactosuero mediante tratamento térmico, desta forma se esteriliza e provócase a precipitación de proteínas que son extraídas por centrifugación e posteriormente poden ser comercializadas como suplementos alimenticios. A continuación, comeza o proceso de fermentación, en biorreactores descontinuos, onde a lactosa do lactosuero será consumida totalmente por bacterias fermentadoras, neste caso Lactobacillus casei, que renden como único produto final o ácido láctico que é neutralizado con hidróxido de calcio, formando lactato de calcio. Tras finalizar a fermentación, o efluente faise pasar por un filtro para eliminar a...a rexenerarase nun tanque con ácido clorhídrico para a súa posterior reutilización.
Como resultado, obtense acedo láctico a un 88.
A planta de produción ocupa unha área de 1.000 m2 nunha parcela de uso industrial (Polígono 501, Parcela 234) de 3.757 m2 en San Salvador de Matogueira en Sarria (Lugo), propiedade da empresa “Queserías Sarriás”, peticionaria do proxecto. O lactosuero utilizado na produción do ácido láctico é o residuo producido pola actividade da quesería, co que
o seu custo como materia prima é cero.
O espazo da planta produtiva foi optimizado no seu deseño aplicando o método GC de xerarquización de espazos.
Para levar a cabo a súa actividade, a empresa contará con persoal competente e cualificado, en total o persoal consta de 14 empregado/as: 1 en Xerencia, 2 en I+D+i e Control de Calidade, 2 en Administración; a área de Produción traballa 24 h, co que hai 3 quendas de traballo con 2 operarios/as e 1 responsable de mantemento por quenda, en total 9 persoas.