Adega para a produción de viño tinto coupage ecolóxico con denominación de orixe Rías Baixas 21 de abr. de 2022

Visto 17 veces

Adega para a produción de viño tinto coupage ecolóxico con denominación de orixe Rías Baixas

O presente proxecto sustenta a posta en marcha dunha adega cuxo produto final é un viño coupage ecolóxico que xunta as variedades galegas Mencía, Caíño e Espadeiro a partes iguais asociado á denominación de orixe Rías Baixas.
O uso de biofertilizantes e biopesticidas nas colleitas da nosa materia prima é a característica principal que nos permite designar a etiqueta ecolóxica ao noso produto, lonxe do contacto cos convencionais e normalizados produtos químicos. Tanto os viticultores e viticultoras que colaboran coa nosa adega como todo o equipo, optamos pola máis sostible das opcións para dar lugar a un produto final que combine o coidado do planeta e dos consumidores e consumidoras, cunha alta calidade e boas características enolóxicas.
O produto exhibe notablemente unha procurada énfase que fusiona tecnoloxía e tradicións vitivinícolas, xa que se pretende recuperar o Espadeiro como variedade de uva esquecida. Esta mesma particularidade permítenos realizar unha sinestesia entre...ro, así como do Mencía e Caíño, como aos padais que ata o momento non se toparon coas devanditas variedades locais. Para todo este público estímase unha produción anual de 30.000 litros de viño. A adega na que se elaborará, abarca unha superficie total de 1300 m2 e está localizada no concello de Meaño, Pontevedra, zona de tradición vitivinícola con gran produción de uva de elevada calidade, o que permite un próximo e asiduo contacto con sectores dedicados tanto á viticultura como á provisión da uva.
Dita adega abarca unha planta de produción de 1000 m2 e un edificio anexo de 300 m2 onde se implantaron oficinas, despachos, zona de vestiario e aseo, un laboratorio e unha sala de vendas, exposición e cata. Será o ou a xerente quen coordine tanto a parte temporal do persoal, formada por persoas traballadoras eventuais, como o persoal fixo, representada por unha persoa cualificada cun grao de bioloxía especializada en enoloxía, unha persoa dedicada á recepción e persoal administrativo.

Presenta: Carla Albertina Moniz
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Susana Villa Laschuetza
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Álex Bernárdez González
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Iván Carril Vázquez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Yago Romero Folgar
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Ainhoa Soto Boullosa
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022