Kits para a construción de invernadoiros verticais 21 de abr. de 2022

Visto 17 veces

Kits para a construción de invernadoiros verticais

A demanda actual de xardíns e hortos domésticos provocou un aumento das vendas dos mesmos, de tal maneira que cada persoa ten un mellor acceso tanto a plantas para a decoración do fogar como a vexetais que poden ser consumidos unha vez crecesen. Neste caso, preténdese levar ao publico este tipo de cultivo dándolle un novo enfoque, presentando os xardíns a modo de invernadoiro pensando na xente que teña balcóns expostos ás inclemencias do tempo, de maneira vertical e de menores dimensións para que ocupen menos.
O proxecto para desenvolver basearase na comercialización de kits de invernadoiros verticais domésticos dirixidos, en maior medida, á poboación urbana.
INVERTICALIX S.L. contará con 3 tipos de kits en base ás preferencias obtidas dos consumidores nunha previa enquisa, un de plantas aromáticas (albáfega, perexil, ourego, anís, etc.), outro de plantas ornamentais (aster de China, cosmos laranxa, pensamento, mapoula vermella e negra, etc.) e outro de vexetais (cebola, espinaca, c...rriño) nunha área de 3285m2, podendo tamén ser enviados aos consumidores a destinos nacionais (incluíndo Canarias e Baleares). Como beneficios, o invernadoiro que se proporciona nos kits é dun ancho moito menor ao habitual, debido a que está pensado para que se poida emprazar nunha terraza ou un balcón urbano. Engadir tamén que, ao obter produtos propios, evítase a necesidade de ter que acudir aos comercios de referencia para compralos, aforrando así tempo e diñeiro.
Por outra banda, tras o período de corentena da COVID-19, xurdiu un movemento de achegamento ao medio rural, polo que en INVERTICALIX S.L. preténdese facilitar á poboación a continuación desta afección de maneira que se axude á concienciación sobre a importancia do coidado do medioambiente e das zonas rurais. Ademais, na produción do compost utilízanse materiais orgánicos de diversa procedencia @teniendo en cuenta os refugallos humanos e a súa reutilización, cumprindo coa lei das 3 R (Reducir, Reutilizar e Reciclar).

Presenta: Laura Cao Gallego
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Sarah Martínez Lumbreras
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Aida Bilbao Lima
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Daniel Fernández Costas
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Inés Graña Alonso
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Raquel Iglesias García
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Ana Varela Molejón
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022