Helicultura intensiva 21 de abr. de 2022

Visto 14 veces

Helicultura intensiva

A helicicultura actual persegue a comercialización dun caracol de calidade, sometido a rigorosos controis sanitarios e zootécnicos que afectan á produción primaria como responsable na produción de alimentos, garantindo por tanto os estándares de seguridade alimentaria dispostos pola Unión Europea. Actualmente, segundo o Ministerio de Agricultura, o consumo anual de carafio en España é de 400 gramos por persoa e ano, o que supón uns 16 millóns de kg anuais.
Os obxectivos da Política Agraria Común (PAC) son garantir o abastecemento e a rendibilidade do sector primario. O modelo produtivo baseado na produtividade, debe renovarse, polo que unha boa alternativa é a adición de valores intrínsecos aos novos produtos, coa finalidade de rendibilizar as explotacións en función da súa produtividade, e non das axudas percibidas.Este obxectivo podería acadarse facilmente con produtos derivados da helicicultura, xa que a carne de caracol ten un alto valor nutricional e un baixo nivel de calorías, con 280 kJ por cada 100 g de carne, podendo representar unha alternativa na produción de proteínas para a alimentación humana, con baixo impacto ambiental. Tamén está cargado de minerais como calcio, ferro, cobre, magnesio, cinc ou níquel.
O propósito deste proxecto é o deseño dunhas instalacións de 1000 m2 onde se producirán 30 toneladas de Helix aspersa ao ano nun sistema de produción intensiva e en condicións controladas, con tres ciclos produtivos ao ano, para o aproveitamento económico do seu limo e da súa carne. Este tipo de produción pechada reduce a mortalidade dos caracois xa que facilita o control das fontes de infección parasitaria e elimina a depredación.
O proceso de produción divídese en varias fases. En primeiro lugar, os reprodutores, poñerán os ovos dos que nacen os alevíns. Estes pasan por dúas fases de cría ata chegar ata a última fase, a de engorde, durante a cal se extrae a baba.
Os reprodutores seleccionaranse artificialmente priorizando os mellores fenotipos como son carne branca e turgente, elevado tamaño e cuncha resistente.
En conclusión, trátase dun proxecto innovador onde se pretende producir un alimento moi nutritivo, que en Galicia resulta novo. Estes animais poderían ser unha das fontes de proteína máis económicas e con menor impacto ambiental nun futuro. Ademais de ser moi fáciles de producir, son moi rendibles polo seu elevado índice de conversión.

Presenta: Laura Cao Gallego
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Sarah Martínez Lumbreras
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Jorge Alonso López
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Sabela Cordeiro Vidal
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Vicente Piorno Lagos
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Arianna Rodríguez Coello
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022