Planta de elaboración de bioplásticos a partir de soro de leite 21 de abr. de 2022

Visto 12 veces

Planta de elaboración de bioplásticos a partir de soro de leite

A contaminación por residuos plásticos é un dos principais problemas ambientais do noso tempo, cada ano vértense millóns de toneladas de plástico a océanos e mares, así como en grandes entulleiras, sendo focos críticos tanto para o medio ambiente como para a saúde humana, animal e vexetal.
A partir do movemento dos principais países do mundo en busca dunha produción de materia e materiais co menor impacto no medio, empezáronse a buscar solucións alternativas, como poden ser os bioplásticos biodegradables, é dicir, capaces de descompoñerse en produtos finais simples que non supoñen unha ameaza ao ecosistema nin a saúde das persoas.
Como posible solución exponse utilizar os residuos dunha empresa láctea para producir plástico biodegradable bruto (PLA) que outras empresas empregarán para os seus produtos, sendo isto posible grazas á enxeñería bioquímica a través de bacterias, concretamente da especie Lactobacillus gasseri JCM 1131 xa que se demostrou que presenta un gran rendemento sendo susceptible de modificación mediante enxeñería xenética. Todo isto realízase baixo un férreo compromiso co medio natural a través da aplicación de “Estratexias de Residuo Cero”, tendo lugar un proceso de produción con emisións de carbono neutras, podendo obter unha produción de carbono negativa grazas a unha serie de plantas biorremediadoras, e ao emprego de enerxías renovables coas que reducir o consumo eléctrico e permitir a auto sustentación da planta produtiva.
Poñendo en práctica o devandito anteriormente, foi posible crear liñas de produción sostibles e respectuosas co medio, cun custo de produción alcanzable cuxo fin ´ultimo é o de crear un produto sostible e biodegradable, o cal será de gran utilidade para gran número de entidades, achegando tanto beneficio económico á empresa como unha mellora na calidade do medio ambiente.

Presenta: Carla Albertina Moniz
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Susana Villa Laschuetza
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Luis Gonzalo Alonso Domínguez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Víctor Martínez Mariño
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Samuel Novas Sánchez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Luis Alejandro Ramírez Ramos
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Francisco Manuel Soto Beltrán
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022