Proxecto dunha adega para a elaboración de viño branco 21 de abr. de 2022

Visto 7 veces

Proxecto dunha adega para a elaboración de viño branco

Por encargo da empresa galega Omnios S.L., a cal conta con varias adegas na provincia de Pontevedra, realízase o presente proxecto para a elaboración do seu novo produto, cumprindo en calquera caso co esixido pola normativa vixente.
Devandito produto trátase dun viño branco elaborado con uva Godello, proveniente da comarca de Valdeorras (Ourense). Esta proposta ten a finalidade de crear unha bebida alcanzable e cun toque afrutado para incrementar a clientela, dirixido así a públicos máis novos.
A parcela onde levará a cabo este proceso, sitúase no Polígono Empresarial de Nantes, situado na zona de Sanxenxo. Este terreo pertencente á empresa, conta con 3141 m2 e unha nave coas condicións propicias para a instalación da adega.
O proceso da actividade comeza coa compra da uva, ´esta transpórtase á adega onde se realiza a recepción e pesado. A continuación, a moenda e despalillado deixará o material preparado para o encubado, onde se engaden os fermentos. Estes microorganismos irán ...procédese á clarificación e filtración. Por ´ultimo, se embotella e etiqueta para a súa almacenaxe e posterior venda.
Preténdese obter un volume total de 36.000L, obtendo así 48.000 botellas (0,75L por botella), tratándose dun proceso anual. O fluxo de traballo está dirixido por un cronograma onde as tarefas repártense equitativamente para obter así un mellor rendemento do persoal. As persoas contratadas contan coa experiencia necesaria, xa que forman parte do resto de adegas pertencentes á empresa.
O orzamento de execución e posta en marcha da adega ascende a unha contía que rolda os 290.000 €. Prevese que a venda da totalidade das botellas outorguen 288.000 €, que xunto á venda do residuo bagazo, alcánzase o investimento inicial. No primeiro ano de actividade da adega, non se cubrirán todos os gastos, xa que se debe ter en conta o salario das persoas contratadas, pero si o será nos tres próximos anos. Chégase á conclusión de que se trata dun proxecto viable e rendible no tempo.

Presenta: Marta Herrero Martínez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Sabela Jardón Jardón
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Miriam Fariñas Calviño
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Paula Hermelo Carballa
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Paula Lobagueira Sartier
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Nora Riobó Rincón
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022