Proxecto de deseño dunha planta de produción de suplementos a base de espirulina 21 de abr. de 2022
Proxecto de deseño dunha planta de produción de suplementos a base de espirulina
Moitas algas e cianobacterias son ricas en vitaminas e minerais, a súa produción é rápida e non custosa, polo que a súa consumición aumentou. Arthrospira platensis é unha cianobacteria formadora de colonias, coñecidas anteriormente como Spirulina platensis. A biomasa desta cianobacteria presenta unha composición predominantemente proteica.
O obxectivo deste proxecto é a produción dun complemento alimenticio con certificado ecolóxico a base de espirulina, a cal se procesa e envásase para a súa venda en formato pastilla. Debido a que a espirulina é unha importante fonte proteica, de vitaminas e de ferro, pode resultar atrayente para aquelas persoas con anemia ferropénica ou con dietas baixas en vitaminas do grupo B, e ademais ao estar enriquecida con B12, vai orientada a persoas con dietas baixas nesta vitamina como poden ser os vegetarianos e veganos. A planta de produción situarase no Porriño, con dimensións de 2668,8 m². Ademais da produción, na planta tamén terá lugar o procesado do produto, a xerencia e administración.
No proceso de produción deséñanse 10 fotobiorreactores tubulares verticais en serpentina, 78,42 m de longo e tubos de 5 cm de diámetro, aos que se engade substancias nutritivas para o cultivo da cianobacteria, obtendo así 20 Kg ao día de espirulina. Esta é colleitada desde os fotobiorreactores para prensarla e secala co fin de reducir a súa porcentaxe de humidade. Posteriormente móese e tamiza para dar lugar un po sen fragmentos e poderlle engadir a B12 e os aditivos. Por último, o po é prensado xerando os comprimidos, os que son distribuídos en recipientes e etiquetaxes.
O proxecto foi deseñado para obter un produto ecolóxico viable economicamente e atractivo ao público.