Queixo fresco ecolóxico galego 21 de abr. de 2022

Visto 12 veces

Queixo fresco ecolóxico galego

O queixo fresco é considerado unha opción nutritiva e saudable dentro da gran variedade de queixos que existen no mercado. O seu nivel alto en proteínas e o seu contido baixo en graxas e hidratos de carbono convérteo nunha elección ideal en multitude de dietas (sobrepeso, diabetes...), e o seu sabor característico permite o seu emprego tanto en pratos salgados como doces.
Doutra banda, de acordo coa Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), a gandería xera o 18 % de todas as emisións de gases de efecto invernadoiro, polo que para facer fronte ao cambio climático é necesario que, cada vez con máis urxencia, o sector conciencíese a utilizar dunha forma máis óptima e racional os recursos, respectando o medio ambiente.
Baseándonos nas premisas anteriores, o noso grupo de traballo decidiu emprender o proxecto Freconut, que se basea na elaboración de queixo fresco a partir de leite ecolóxico de vaca, ofrecendo unha alternativa de consumo de produtos loc...orar un produto a partir de leite fornecido por ganderías de proximidade pero comercializado principalmente pola empresa LARSA. Así mesmo, exponse un posible acordo empresarial coa compañía Vascolac para a venda e aproveitamento dos residuos de soro.
Así, a actividade produtiva levará a cabo nunha nave de 2400 m2, na que se manufacturarán 5.000 kg de queixo ao día de luns a sábado, a partir dunha subministración de 30.000 L de leite diarios. A planta de produción situarase no Parque empresarial As Gándaras, rúa H, 27003, Lugo e distribuirase de forma que se eviten contaminacións, incluíndo un sistema de desinfección polo que é necesario pasar para entrar á sala de manufacturación. O proxecto inclúe a maquinaria necesaria para levar a cabo todos os pasos do proceso de produción, así como a higienización e análise do leite que garanten unha óptima calidade do noso produto. Para a súa posta en marcha estimouse un orzamento inicial de 660.000 € e un persoal de 20 traballadores.

Presenta: Laura Cao Gallego
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Sarah Martínez Lumbreras
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Iria Álvarez Rodríguez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Lara Álvarez Rodríguez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Lucía Broullón Rosales
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Pilar Ordás Cernadas
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Víctor Vidal Sánches
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022