Produción de leituga e troita arcoiris mediante acuaponía 21 de abr. de 2022

Visto 13 veces

Produción de leituga e troita arcoiris mediante acuaponía

Durante as últimas décadas acelerouse o desenvolvemento de diversas técnicas de produción alimentaria en ambientes controlados. Entre elas destacan a acuicultura (crianza de peixes en contornas artificiais pechadas) e a hidroponía (cultivo de vexetais mediante o uso de solucións nutritivas que substitúen á terra). A combinación de ambas as metodoloxías deu lugar á acuaponía, sistema no cal se utilizan os detritos e refugallos producidos pola crianza de peixes para suplir parcial ou totalmente as necesidades nutritivas de vexetais en cultivo hidropónico. Este modo de proceder, dependendo de diversos factores, pode resultar nun aforro económico e ecolóxico considerable.
No presente proxecto, por tanto, proponse o deseño dunha planta de produción de leitugas e troitas arcos da vella para o consumo humano mediante acuaponía situada en Meis (Pontevedra) nunha parcela de 781 m2.
O proceso iníciase coa adquisición de alevines de troita arco da vella, que son sometidas a un proceso de engorde en tanques tipo pista, permitindo a separación de cohortes individuais no menor espazo posible. A auga que sae dos depósitos está cargada de nutrientes e pasa por un proceso de filtración mecánica para eliminar restos de alimentos e feces; Unha vez rematado este proceso, a auga utilízase para regar o cultivo de leitugas mediante o sistema NFT (baseado na recirculación da solución nutricional).
Este proceso produtivo tan complexo conleva a necesidade de contar con persoal debidamente cualificado para facer un seguimento dos parámetros, un control das necesidades biolóxicas dos animais e plantas, así como das súas condicións sanitarias e as optimizacións necesarias para aproveitar o seu rendemento ao máximo.
Así mesmo, debido ao noso interese por cumprir coa normativa vixente e atender ás necesidades dos nosos clientes, comprometémonos a seguir un sistema de xestión e control de calidade que garanta que todos os procesos levan a cabo correctamente e de mellora continua baixo noso lema “os seres vivos felices son máis produtivos”.

Presenta: Marta Herrero Martínez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Sabela Jardón Jardón
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Matthew Jones Vaqueiro
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Diego Olivares González
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Xena del Carmen Pérez Alonso
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Xavier Enol Pinal Codeseda
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022