Bioplastic A2ML 21 de abr. de 2022

Visto 29 veces

Bioplastic A2ML

Na actualidade, o plástico é un dos materiais máis usados e estendidos no noso planeta. A pesar disto, segue sendo extremadamente contaminante chegando ao momento de producir efectos irreversibles no medio ambiente. Fronte a iso, este proxecto, propón unha alternativa sostible, produción de bioplásticos, biocompatibles, biodegradables e non tóxicos, mediante a produción de PHA. Este composto é producido intracelularmente por microorganismos da especie Ralstonia eutropha. Este bioplástico é extremadamente versátil sendo útil tanto para a industria medica (marcapasos, puntos de sutura, ferramentas de cicatrización. . . ), como para as grandes multinacionais (tapóns ou outras pezas de distintos tamaños) ou mesmo para compradores individuais que teñan como obxectivo lograr que os envoltorios de produtos sexan 100.
O presente proxecto expón a construción dunha empresa no polígono industrial de Porriño (Vigo). Conta con dúas plantas, que abarcan aproximadamente 1200 m2 nas que se ...definidas, entre elas atopamos: Obtención do substrato utilizado no medio de cultivo a través de residuos vexetais de pataca onde se cultivará a bacteria Ralstonia eutropha durante 24 horas. Tras isto realízase unha precipitación química, seguida da liofilización
das bacterias, extracción do bioplástico, xunto coa súa purificación e secado correspondente. Por ´ultimo, o almacenamento do produto, para o seu posterior empaquetado. Este proceso levará a cabo durante 249 días ao ano.
Co procedemento descrito e utilizando dez fermentadores de 1000 L cada un, prevese unha produción de 1245 kg de PHA ao ano, o que se traduciría aproximadamente en 1 867 500€ bruto/ano.
Como resumo, buscamos establecer unha planta de produción de bioplástico que sexa rendible, ofreza produtos de calidade, achega postos de traballo a distintos traballadores do sector, e asegure un futuro máis sostible substituíndo os plásticos contaminantes por un novo material inocuo para o medio ambiente e humanos.

Presenta: Laura Cao Gallego
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Presenta: Sarah Martínez Lumbreras
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Abraham Antón Cameselle
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Luisa Fernanda Castro Alzate
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Aylin Favilla Velay
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo
Maitane Pedreño Lopez
Facultade de Bioloxía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
GreenApp
10 de maio de 2022
Máscara fónica
10 de maio de 2022
Ahorramax
10 de maio de 2022
Helicultura intensiva
21 de abr. de 2022
Bioplastic A2ML
21 de abr. de 2022