Máscara fónica 10 de maio de 2022
Máscara fónica
Volvemos, novamente, a ter sesións presenciais do Congreso de Traballos Colaborativos, despois da paréntese motivada pola pandemia de COVID-19.
No momento de celebrar este congreso é moi posible que esteamos a deixar de usar máscaras de modo habitual e recuperando a normalidade, ou polo menos, iniciando unha ”nova normalidade”.
Considerando que o curso se deseña cun ano de anticipación, nesta ocasión non se realizaron traballos con alumnos doutras titulacións, con todo, os alumnos traballaron de modo grupal e aplicaron métodos de traballo en grupo.
Os alumnos demostraron, unha vez máis, a súa capacidade de inventiva e innovación coas solucións que propoñen, sendo algunhas delas, de particular e aplicabilidade industrial.
Debemos agradecer a todos eles a súa implicación, interese e capacidade de traballo, de modo especial debido ás circunstancias que vivimos, coas limitacións impostas pola pandemia.